XORNADA
"CLAVES PARA COMPRENDER E ACOMPAÑAR O DESENVOLVEMENTO INFANTIL"
O vindeiro sábado 31 de maio, en horario de 9:00 a 14:00, celebrarase unha xornada presencial dirixida ás xuntas directivas das anpas e as familias, na sede da Federación Provincial de ANPAS. (Rúa Orzán, n21 A Coruña).
Esta forrmación terá como relatores a Lorena Cotelo, terapeuta ocupacional, e Jacobo Mosquera, educador social, profesionais cunha ampla traxectoria no acompañamento á infancia e ás súas familias.
Por que é relevante esta xornada?
Na nosa práctica diaria, recollermos con frecuencia as inquedanzas das familias ante temas como as dificultades de aprendizaxe, o TDAH, a dislexia ou os trastornos do procesamento sensorial. Esta xornada nace para dar resposta a esas preocupacións, ofrecendo unha visión clara, comprensible e práctica para o día a día; sendo especialmente recomendable para aquelas familias con fillos/as que están a facer a transición de Educación Infantil a Primaria, unha etapa clave onde unha detección e comprensión temperá pode previr dificultades futuras.
Ademais, entregaráselles aos/ás asistentes material complementario sobre temas como a alimentación selectiva, a enurese e a encoprese. Aínda que non haberá tempo para profundizar neles durante a xornada, son cuestións que tamén xeran preocupación en moitas familias e consideramos importante ofrecer información ao respecto.
Contidos da xornada:
Desenvolvemento infantil e pirámide do desenvolvemento
Sinais de alerta: cando preocuparse
Dificultades de aprendizaxe: causas e detección
Atención, memoria e lectoescritura
Comprender o TDAH, a dislexia e o procesamento sensorial no contexto escolar.
PAUSA CAFEEstratexias prácticas para o fogar
Desafíos na conduta infantil e a súa relación co desenvolvemento
Influencia do entorno familiar no desenvolvemento infantil
Acompañamento respectuoso e empático
Educar con conciencia, agarimo e límites saudables