viernes, 1 de diciembre de 2023

OBRADOIRO GALLETAS DE NADAL

GRAZAS a todas as familias que fixeron do noso obradoiro de galletas de Nadal un evento tan especial!
Queremos expresarvos o noso máis sincero agradecemento pola vosa participación e entusiasmo no noso taller. Foi un pracer ver como cada familia aportou o seu toque único, creando un ambiente marabilloso e acolledor.
A alegría e bo ambiente non faltaron en ningún momento, mentres xuntos decorabamos as galletas con moita creatividade e ilusión. Grazas a vós, conseguimos facer deste taller un momento cheo de risas e momentos inesquecíbeis.

¡Ata a próxima e que continúe a maxia desta tempada de Nadal!