martes, 7 de septiembre de 2021

Escrito al Jefe Territorial

Hola familias, 

Os adjuntamos un escrito enviado hoy al Jefe territorial de educación desde el ANPA, en relación al incumplimiento en la adjudicación de una plaza de especialista en Educación musical para nuestro centro.

 

A atención do Xefe Territorial, 

A ANPA do CEIP Sagrada Familia de A Coruña, quere expresar: 

O desacordo ante o incumprimento do catálogo de postos de traballo publicado no DOG número 150 do 6 de agosto 2021 (orden 22 de xuño), no que se contempla a provisión de dúas prazas de EM para o curso 21/22, actualmente sen cubrir unha delas. 

En maio 2021 queda vacante a praza da expecialidade de música (feito coñecido pola inspectora).

 Entre xullo e agosto, nas resolucións provisional e definitiva do concurso de provisionais non se cubriu dita praza, aínda que inspección estaba informada de que quedaba vacante unha praza de educación musical. 

Deciden, dende a inspección, que o único profesor de música no centro, asuma as 18 horas. Ese profesor ademais é o DIRECTOR. 

No ROC1995-97 establécese un horario para o desempeño da labor directiva que non se está a cumplir. 

Polo tanto, se no cátalogo publicado en agosto (antes mencionado) figuran dous postos de educación musical, solicitamos que se cumpra dito catálogo. 

Tamén solicitamos que deixen que o director exerza o seu traballo coa rigurosidade que o esta a facer. Non cabe dúbida que o seu traballo está a mellorar o noso colexio, tanto en calidade educativa como na xestión do mesmo. Para iso precisa o cumprimento do seu horario e que se cubra URXENTEMENTE a segunda praza de EM. 

Atentamente, 

ANPA Sagrada Familia en representación de todas as nais e pais do CEIP 

A Coruña 7 de setembro do 2021