Estimadas familias:
Dadas as circunstancias actuais polas que todos estamos a pasar, e tratando de paliar na medida que nos é posible as consecuencias económicas que tamén habemos de engadir ao conxunto da situación, e conscientes de que nalgúns casos as conexións e aplicacións utilizadas nos nosos programas on-line vense afectadas pola evidente utilización dun gran número de usuarios por teletraballo e lecer, a Federación Provincial de ANPAS tomou a decisión de:
1.- Non pasar ao cobro as cotas correspondentes aos meses de abril e maio dos programas POE (ocio educativo) e Luditarde.
2.- Deporte non Centro. Ao ser unha actividade xa abonada polos participantes, devolverase a parte proporcional dos meses de abril e maio.
3.- Listen and Speak. Aquelas familias ás que xa se lles pasou o cargo dos meses de abril e maio, poderán facer a devolución bancaria do importe cobrado.
Animámosvos a que continuedes participando nos nosos blogs e moitas grazas por manter o contacto connosco e os nosos educadores.
Un afectuoso saúdo.