miércoles, 25 de marzo de 2020

¡PARTICIPA NO RETO “XAQUE AO VIRUS”!




¡PARTICIPA NO RETO “XAQUE AO VIRUS”!

O luns 23 de marzo, deu comezo a proposta de lecer on-line "Xaque ao virus" que levan a cabo os educadores dos Programas de Lecer da Federación Provincial de ANPAs

É unha proposta para o fomento da saúde tanto mental como física adaptada á situación do confinamento familiar no que a sociedade española está inmersa debido á pandemia provocada polo coronavirus. Dita proposta está orientada a todos os escolares inscritos nos programas municipais “Deporte non Centro”, “Lecer Educativo-POE” e “Luditarde”, para así seguir mantendo a oferta educativa a todas aquelas familias inscritas nos devanditos programas.

 O Xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou “antivirus” necesarios para derrotar ao coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral. Os retos serán probas sinxelas a superar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:

- Proba CORPO EN FORMA: Serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que poderás facer en casa.

- Proba MENTE EN FORMA: Serán tarefas que fomentarán o desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que os feixes facilmente.

Os retos publicaranse no blog do xogo creado para o teu colexio os luns, mércores e venres ás 12:00 h. DISPÓS DE 36 HORAS PARA REALIZAR CADA RETO.

É moi sinxelo bastará con que envíes unha foto do reto ou un vídeo á dirección de correo electrónico do blog fapasagradafamilia.blogspot.com E-mail: fapasagradafamilia@gmail.com


https://www.coruna.gal/educacion/gl/programas/actualidade/ultimas-novas/detalle-noticia/arrinca-o-xogo-online-xaque-ao-virus/suceso/1453723204694