Desde la federacion de Anpas nos comparten:
"Bos días queridas amigas e amigos:
Continuando co noso ciclo de cursos, charlas, etc, parécenos moi importante abordar dous temas que sabemos que interesan e preocupan á maioría das familias: a sexualidade na adolescencia e o acoso escolar .
Do Obradoiro “Educación Sexual en Familia” fixado para o 14 de decembro, dirixido pola Dra. Carol Strate, xa tedes a información e está aberto o formulario de inscrición até o día 12.
E anunciámosvos que o vindeiro mércores 18 de decembro ás 19:00 en Cinemas MARINEDA CITY (Avda. de Arteixo 43, A Coruña) realizarase unha pre estrea dos dous primeiros capítulos da serie INVISIBLE , serie baseada no libro do mesmo título de Eloy Moreno que trata desde diferentes puntos de vista o acoso escolar. Unha historia que, relatada a través dos ollos dun adolescente, podería ser a de calquera de nós. Quen non desexou algunha vez ser invisible? e Quen non desexou algunha vez deixar de selo?
Este evento é posible grazas ao convenio de colaboración asinado pola nosa Confederación española de ANPAS, CEAPA, e Disney España; está dirixido ás ANPAS e familias que forman parte da Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña e gustaríanos contar coa vosa presenza.
Unha vez finalizada a proxección, terá lugar un coloquio no que poderedes expor a vosa opinión, visión, reflexión, etc sobre os capítulos visionados e o acoso escolar en xeral.
As entradas son gratuítas, podedes solicitar dúas por persoa na ligazón que figura xunto do cartel, e que estará habilitado até completar o aforamento de 177 persoas.
Non é recomendada para menores de doce anos.
Saúdos Xunta Directiva
"